Publicador de contidos

Publicador de contidos

Putin visita Mariúpol, na primeira viaxe á Ucraína ocupada nesta invasión

Putin visita Mariúpol, na primeira viaxe á Ucraína ocupada nesta invasión

Kíiv acúsao de aproveitar a noite para ocultar a destrución

Nos Estados Unidos din que trata de animar a opinión pública rusa

G24.gal 19/03/2023 20:21 Última actualización 19/03/2023 20:37

Un día despois de visitar Crimea por sorpresa, Putin chegaba en helicóptero a Mariúpol. É a primeira vez que se presenta no Donbás desde que invadiu Ucraína. Estivo pouco tempo. Percorreu ao volante dun coche varios barrios e visitou vivendas acabadas de construír.

Kíiv acusouno de aproveitar a noite para ocultar a destrución que o exército do Kremlin deixou na cidade antes de tomala. Para os Estados Unidos, o ruso buscaba coa visita animar a opinión pública do seu país, ante o escaso rendemento das tropas nas frontes de batalla.

Vladímir Putin trasladouse de Mariúpol a Rostov, xa en territorio ruso, para reunirse co mando da batalla militar en Ucraína.

Este luns recibirá en Moscova o presidente chinés. Desde Pequín din que Xi Jinping vai en visita de paz, logo de que o xigante asiático presentara hai pouco unha iniciativa para arranxar o conflito entre rusos e ucraínos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade