Publicador de contidos

Publicador de contidos

Putin remuda o viceministro de Defensa, encargado da loxística militar

Putin remuda o viceministro de Defensa, encargado da loxística militar

Coloca no seu posto o xeneral que liderou o asalto á cidade de Mariúpol

G24.gal 24/09/2022 17:45 Última actualización 24/09/2022 18:24

Vladimir Putin substituíu este sábado o viceministro de Defensa ruso, o xeneral do Exército, Dmitri Bulgákov, responsable de aprovisionamento e loxística militar.

Segundo informa nun comunicado o Ministerio correspondente, abandona o cargo por "recibir outro destino". O xeneral coronel Mijaíl Mizíntsev, ata o de agora xefe do Centro de Mando Nacional da Defensa, vai ocupar o seu posto.

O novo viceministro, de 60 anos, comandou operacións do Exército ruso en Siria e dirixiu o asalto que en maio deste ano concluíu coa conquista da cidade de Mariúpol, no sueste de Ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade