Putin admite que falou con Estados Unidos sobre unha posible operación á venezolana en Cuba
Moscova ofreceu apoio a Cuba ante "a presión externa sen precedentes dos Estados Unidos"
Embaixada dos EUA en Cuba
O presidente ruso, Vladímir Putin, admitiu este xoves que falou coa administración estadounidense sobre unha posible operación militar en Cuba similar á realizada o 3 de xaneiro pasado en Venezuela.
"Houbo contactos coa administración estadounidense sobre Cuba? Si, hóuboos", sen dar máis detalles, durante un encontro con representantes das principais axencias de noticias mundiais, no Palacio de Constantino nos arredores da cidade de San Petersburgo.
Pola súa banda, o ministro de Exteriores ruso, Serguéi Lavrov, felicitou onte ao expresidente cubano, Raúl Castro, polo seu 95 aniversario, a quen ofreceu o apoio de Moscova ante a presión dos Estados Unidos.
"No marco da presión externa sen precedentes coa que se topa o pobo cubano, de novo expresamos a nosa firme solidariedade e apoio", engadiu Serguéi Lavrov.
Ademáis de afirmar que Raúl Castro é un exemplo "desinteresado de servizo á patria, ao seu pobo e aos ideais da Revolución Cubana", resaltou que para "millóns de persoas en todo o mundo é un símbolo de estoicismo, coraxe, patriotismo e vontade inquebrantable".
Ante o bloqueo enerxético dos Estados Unidos a Cuba, Moscova enviou en marzo á Habana un petroleiro con 100.000 toneladas de cru.