Publicador de contidos

Publicador de contidos

Declaran a planta de biogás de Castro de Rei iniciativa empresarial prioritaria

Declaran a planta de biogás de Castro de Rei iniciativa empresarial prioritaria

Investiranse máis de 22 millóns de euros

G24.gal 28/02/2022 14:48

A ponte de Outeiro, nas inmediacións da planta onde Agroamb transforma os residuos orgánicos en fertilizantes, é o lugar escollido para a creación dunha planta de biogás que poderá comezar a proxectarse a finais de 2023 grazas á declaración de iniciativa empresarial prioritaria, que permitirá reducir á metade os prazos de tramitación do proxecto.

Baséase de novo na economía circular e mantén a filosofía de converter os residuos en recursos e é moi ben acollido na zona dado que o concello de Castro de Rei é o segundo da provincia de Lugo e o cuarto de Galicia con maior produción de leite.

Destaca tamén a súa aposta polo rural e a consolidación de emprego. O proxecto da planta de biogás estima un investimento de máis de 22 millóns de euros e a creación duns 75 postos de traballo na comarca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos