Publicador de contidos

Publicador de contidos

Protestas en Cospeito por unha estrada cos buratos cada vez máis grandes

Protestas en Cospeito por unha estrada cos buratos cada vez máis grandes

Os veciños levan anos reclamando que se renove o pavimento

Félix Aragunde 21/04/2022 13:45

A estrada de Cospeito que lles dá servizo aos veciños de Algara, na parroquia de Vilapene, ten varios tramos cheos de fochancas. Nun deles, os buratos abríronse tanto que xa nin sequera existe o asfalto. Os usuarios quéixanse, por tanto, do perigoso que resulta circular por esta vía.

Os afectados sinalan que levan anos protestando polas malas condicións en que se encontra esta estrada municipal. Malia todo, non se arranxou en ningún momento, polo que o seu estado incluso foi a peor.

Os residentes no barrio mesmo barallaron a posibilidade de arranxar a estrada eles mesmos, idea que desbotaron por temor a seren sancionados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade