Publicador de contidos
Publicador de contidos

Propostas orixinais para gozar da Semana Santa en Galicia

Propostas orixinais para gozar da Semana Santa en Galicia

Actividades de aventuras ao aire libre, pero tamén outros plans a cuberto para lidar coa chuvia

G24.gal 26/03/2024 17:01

Achéganse días de lecer e tanto turistas coma galegos xa pensan en que van investir o seu tempo de lecer. Imos coñecer algunhas das propostas máis aventureiras ao aire libre con actividades cargadas de adrenalina, pero tamén outros plans a cuberto por se ao final temos que lidar algúns días coa chuvia.

Comeza a Semana Santa e tanto galegos coma turistas buscan plans para encher o tempo libre. O clima solleiro acompañará polo menos nos primeiros compases e, con este escenario, as actividades ao aire libre collen pulo: un paseo en globo pola Ribeira Sacra, unha travesía en catamarán polos Canóns do Sil ou unha excursión ás illas do Parque Nacional. O complexo recreativo do concello lugués da Pontenova tamén ofrece unhas actividades ben interesantes.

A tirolesa cruza o río Turia e recrea o percorrido do antigo funicular que tiña a mina para trasladar o mineral ata a outra ladeira onde estaba o forno de fundición. Só levan dous anos abertos pero coas mellores previsións para estas vacacións.

Para os menos aventureiros hai unha chea de propostas que combinan a natureza e a historia, como as visitas guiadas á illa de Tambo. Foi arsenal de armas, lazareto para conter o cólera e escenario para ataques piratas. Propiedade da Armada, durante os vindeiros 25 anos a súa xestión corre a cargo do concello de Poio que arranca as visitas nesta Semana Santa.

Quen non soñou algunha vez con pasar a noite nun faro? Ver o Atlántico batendo con forza é todo un espectáculo no faro de Lariño, en Carnota, un hotel ideal baixo un clima solleiro para gozar das praias e dunha contorna privilexiada, pero onde mal tempo tamén pode ser o seu mellor aliado.

Outro plan ideal no caso de que ao final chova durante algúns días da Semana Santa é optar polos termalismo para darse un capricho corporal e mental.

E non podemos esquecernos das visitas guiadas que ofrecen unha chea de monumentos. Non todo é a catedral de Santiago, podemos achegarnos ata a de Mondoñedo ou a de Tui para coñecer de preto a súa historia.

O mesmo se pode facer en moitas fortalezas, como o castelo de Soutomaior, nas adegas como Martín Códax ou nos numerosos pazos galegos como Lourizán, Santa Cruz de Rivadulla ou Rubiáns.

Esta Semana Santa desembarcarán en Galicia milleiros de persoas que terán unha boa escolma de propostas para exprimir a súa viaxe descubrindo máis da nosa historia, do noso patrimonio e da nosa natureza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade