Publicador de contidos

Publicador de contidos

A hostalaría anuncia un peche patronal o próximo luns pola suba dos prezos

A hostalaría anuncia un peche patronal o próximo luns pola suba dos prezos

Reclaman medidas pola escalada de prezos das subministracións

O sector amosa o seu apoio aos transportistas

G24.gal 23/03/2022 14:39

Tras numerosos peches derivados da pandemia, agora a hostalería suxire outro. Propoñen un paro patronal, o próximo luns, para apoiar as reivindicación dos transportistas, unha situación que lles afecta directamente pola falta de subministracións. 

A idea partiu dos hostaleiros da Coruña e xa vai sumando novos apoios. "Desde a Asociación pedimos que a secunden todos aqueles que estean de acordo, pero tratando de non ser invasivos e respectando todas as opinións", di Thor Rodríguez, prresidente de Hostalería Compostela.

Moitos hostaleiros xa teñen claro que secundarán o paro. As agrupacións deste sector no resto das cidades decidirano nos vindeiros días. Din que sofren unha situación semellante á dos transportistas debido á escalada de prezos da enerxía e das materias primas que precisan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade