Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prohibidos os cosméticos que conteñan TPO e DMPT

Prohibidos os cosméticos que conteñan TPO e DMPT

Son substancias carcinóxenas, mutáxenas e tóxicas moi habituais en produtos de manicuras semipermanentes

A prohibición da UE entrou en vigor o 1 de setembro

O TPO e o DMPT está presente nalgúns xeles e esmaltes utilizados en manicuras semipermanentes
G24.gal 02/09/2025 15:00

Teñen nomes difíciles de pronunciar por iso son máis coñecidos polas súas siglas en inglés. O TPO e o DMPT, están xa oficialmente prohibidos en todos os países da Unión Europea.

"Porque apareceron estudos que demostran que en animais, non en humanos de momento, poden ter efectos ou ben carcinoxénicos, como poden ser DMPT, ou ben que poden afectar a reprodución, como o TPO, entón, basicamente por precaución, estanse probihindo", explica Angelines Cruz Landeira, catedrática de Toxicoloxía da USC.

"Úsanse para o secado da uña na lámpada para os esmaltes permanentes", apunta María Rey Vega, xerente de d-uñas.

"Por solidificar mellor, favorecen a adhesión á uña e teñen esas propiedades fundamentalmente", informa a catedrática.

A UE os prohibe para evitar exposicións continuadas en persoas que os usan con frecuencia, pero tamén pensando nas propias traballadoras dos salóns de manicura.

"Os que os teñan a nivel particular na súa casa, evidentemente, é a súa responsabilidade utilizalos ou non, pero a nivel profesional non se poden utilizar dende onte. Evidentemente non se poden mercar, non se poden vender, pero incluso os que teñan almacén teoricamente non poderían utilizalos", conta Angelines Cruz.

Hai no mercado alternativas libres de toxicidade que cumpren a mesma función.

"Os produtos deben están fabricados na UE que sexan produtos de calidade, pero se hai alternativas, non teñen porque levar eses produtos porque o secado é o mesmo e o esmalte queda igual selado na uña e todo igual, non hai problema", di María Rey.

 "Tampouco hai que ser alarmistas, un uso esporádico non supón un risco evidente", conclúe a toxicóloga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade