Publicador de contidos

Publicador de contidos

A explosión dunha cociña de gas en Vigo deixa unha muller hospitalizada

A explosión dunha cociña de gas en Vigo deixa unha muller hospitalizada

O lume rexistrouse a primeira hora desta mañá 

Foi un veciño quen alertou aos servizos de emerxencias tras ver lapas na planta baixa da vivenda 

G24.gal 28/12/2025 09:59 Última actualización 28/12/2025 10:13

Unha muller sufriu queimaduras e foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro tras un incendio na súa vivenda da rúa Cantabria, en Vigo, orixinado pola explosión dunha cociña de gas.

Emerxencias 112, que informa do suceso no seu primeiro boletín deste domingo, mobilizou a bombeiros, policías e unha ambulancia tras recibir o aviso ás 7.00 horas.

Un particular comunicou que a planta baixa da casa veciña estaba en chamas. 

Unha vez finalizada a intervención, os equipos de emerxencia indicaron que o incendio tivo a súa orixe na explosión dun fornelo de gas, que provocou danos na cociña da vivenda e causou diversas queimaduras á propietaria, que precisou traslado hospitalario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade