Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión sen fianza para dos dous detidos en relación coa narcolancha de Vilaboa

Prisión sen fianza para dos dous detidos en relación coa narcolancha de Vilaboa

Un xulgado de Cangas acúsaos de contrabando, pertenza a organización criminal e dun delito contra a saúde pública

G24.gal 17/06/2022 17:11 Última actualización 17/06/2022 17:31

Ingresan no cárcere os dous detidos na Illa e Vilanova de Arousa en relación con delitos de narcotráfico.

O xulgado de Cangas no que prestaron declaración este venres decretou para eles prisión comunicada e sen fianza.

Ambos están acusados de participar nun transporte de droga e pola súa relación coa frustrada botadura dunha narcolancha en Vilaboa. 

Os dous foron detidos nos seus propios domicilios. Alí os axentes da Garda Civil incautáronse dalgúns obxectos para verificar pegadas que permitan determinar se son semellantes ás da planadora que non puideron botar o mar no porto de Santo Adrán de Cobres.

A embarcación foi transportada por estrada desde Verín por un veciño de Vilagarcía e outro de Torrelavega. Esperábanos no porto un grupo de persoas que se deron á fuga como consecuencia do estrondo durante a complexa manobra de botadura da embarcación.

As dificultades que se produciron ao baixala do tráiler alertaron aos veciños que deron aviso á Garda Civil que se presentaron no peirao, pero antes da súa chegada produciuse a fuxida das persoas que esperaban no lugar. 

Os testemuños dos veciños apuntaban á fuxida dunha furgoneta branca. Centraron a investigación na súa localización que veu dar nas detencións realizadas en Vilanova e a Illa. 

O condutor do tráiler e o seu compañeiro levan en prisión por esta causa desde febreiro. Aquela madrugada rematou só coa detención dos dous transportistas da narcolancha, pero confirmouse a implicación dunha estrutura de apoio loxístico moito máis grande.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade