Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeiros movementos do Celta nun mercado que será moi animado

Primeiros movementos do Celta nun mercado que será moi animado

Seis xogadores deixaron a entidade (Nolito, Dituro, Galhardo, Araújo, Fontán e Murillo) e agárdanse catro ou cinco baixas máis

Swedberg é a primeira das moitas fichaxes que fará o equipo dirixido por Campos

G24.gal 25/06/2022 18:41

Ser titular na pasada campaña non garante praza nesta. Néstor Araújo, por exemplo, indiscutible na retagarda nos últimos catro anos, xa foi presentado co América de México.

Nunha caixa pola que o Celta pagou 5 millóns de euros chegou a camiseta do que Luís Campos agarda sexa o agasallo do mercado de verán. Wiliot Swedberg, que asina ata o ano 2027.

Para o novo responsable da parcela deportiva, "proxecto" parece ser a palabra chave. Ademais dese ambicioso proxecto de altas e baixas, nesta campaña tamén se recupera a idea de que hai que coidar aos que van a Balaídos.

Logo haberá que ver como se resolve a relación do primeiro equipo co filial, e se Coudet terá a súa disposición os vimbios para facer o cesto ates de que chegue a Balaídos o Español a mediados de agosto. Despois de dous partidos na casa e tralo concerto de Muse todas as pezas deberían empezar a encaixar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade