Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeiro día de traballo na era de Rafa Benítez

Primeiro día de traballo na era de Rafa Benítez

O técnico ten ás súas ordes 25 xogadores, pero agarda que o cadro teña importantes novidades antes do comezo do campionato

G24.gal 03/07/2023 20:57

Rafa Benítez foi presentado como novo adestrador do Celta. O técnico madrileño chega a Vigo cun proxecto ilusionante na temporada do Centenario.

E case sen tempo de marxe dirixiu o seu primeiro adestramento en Afouteza. Primeira toma de contacto cos seus novos xogadores. Benítez anunciou reforzos e dixo ser un adestrador ambicioso.

Principiou con 25 xogadores ás súas ordes, moitos deles do filial ou que terán acomodo noutros equipos vía cesión. Agarda que o cadro de xogadores se reforce. É momento de combinar o traballo no céspede e nos despachos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos