Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeiro día sen máscara obrigatoria nos patios dos colexios de Madrid

Primeiro día sen máscara obrigatoria nos patios dos colexios de Madrid

O Consello Interterritorial prevé revisar esta semana o uso das máscaras nos recreos

G24.gal 26/10/2021 11:42

O Consello Interterritorial prevé revisar esta semana o uso das máscaras nos recreos. A análise chega coincidindo coa entrada en vigor dunha nova orde publicada en Madrid: dende hoxe, alí, nos centros educativos de todos os niveis, non será obrigatoria a máscara ao aire libre, sempre que se respecte a distancia de seguridade interpersoal. Asociacións de nais e pais piden que a flexibilización se acompañe dunha revisión de protocolos.

No estado, o grupo de alertas estuda a situación dos contaxios de covid−19 nos centros educativos para que o ministerio e mais as comunidades autónomas avalíen as normas nestes espazos.

Segundo os últimos datos, Euskadi, Navarra, Baleares e Aragón son as autonomías con máis incidencia do virus entre os nenos. O divulgador sanitario Héctor Castiñeira considera que hai que estar atentos a estas cifras para relaxar medidas.

A maioría das comunidades autónomas manteñen a obriga da máscara nos recreos ao aire libre, aínda que algunhas permiten quitala nalgúns supostos. Asturias deixa retirala se se respecta a distancia interpersoal de metro e medio.

En Euskadi poden ir sen ela os alumnos de secundaria, mantendo a distancia, para comer e para facer exercicio intenso. En Cataluña non hai que poñela no patio se non se mesturan alumnos de diferentes grupos burbulla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos