Publicador de contidos

Publicador de contidos

Petro ofrece a España irmandade na súa primeira visita oficial

Petro ofrece a España irmandade na súa primeira visita oficial

O presidente de Colombia busca o apoio de España ao proceso de paz

VOX boicotea o seu discurso no Congreso tras as críticas ao pasado colonial español

Antón Montero 03/05/2023 19:27 Última actualización 03/05/2023 20:58

O Congreso dos Deputados foi a primeira parada da visita oficial de Gustavo Petro a España. É a súa primeira viaxe ao noso país desde que asumira en agosto a presidencia de Colombia.

A presidenta do Congreso aplaudiu as reformas acometidas desde entón e ofreceulle o apoio de España aos retos que ten por diante: "Alcanzar maiores niveis de xustiza social, reforzar as institucións, protexer os máis vulnerables e darlle unha oportunidade histórica á paz en Colombia", enumerou Meritxell Batet.

Petro ofreceu a España unha nova irmandade para afrontar xuntos ameazas como a do cambio climático. O primeiro presidente de esquerdas de Colombia admitía que van ter que vencer moitas resistencias.

O presidente de Colombia admitiu: "Desato a discusión, en min céntrase o ataque de quen non quere os cambios, de quen cre que o mundo está ben así".

Os deputados de VOX marcharon do Congreso antes do seu discurso, en protesta polo pasado guerrilleiro de Petro. 

Santiago Abascal, líder da formación ultra cre: "Petro é a Colombia o que Otegi é a España, un terrorista non arrepentido".

Tamén lles molestou a referencia que Petro fixo este luns ao período colonial, ao que se referiu como xugo español. O Goberno non comenta.

Isabel Rodríguez, voceira do executivo, dixo: "Non estou aquí para ser a súa voceira. O Goberno de España coida as súas relacións diplomáticas con todos os gobernos do mundo, tamén co colombiano".

A primeira xornada de Petro en España completouse cunha reunión e posterior xantar con Filipe VI, quen tamén lle ofrecerá unha cea de gala no Palacio Real.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade