Cargando resultados...
Primeira derrota de Fran Justo co Lugo, malia xogar cun xogador máis durante media hora
Perdeu 0-1 cun Sporting de Xixón que xogou en inferioridade pola expusión do galego Pablo Insua
G24.gal
08/12/2022 18:16
Última actualización 08/12/2022 18:47
O Sporting de Xixón puxo fin á súa mala serie de resultados cun gol do uruguaio Gio Zarfino despois de quedar en inferioridade ante o Lugo (0-1) no Anxo Carro, onde estivo arroupado pola Mareona.
O tanto de Zarfino, a pase do colombiano Juan Otero, permitiulles aos asturianos cortar unha serie de sete partidos seguidos sen gañar, e máis de tres meses sen impoñerse a domicilio.
O Sporting desactivou o efecto Fran Justo, que no seu primeiro partido no banco do Lugo no Anxo Carro (o do seu debut viviuno desde a bancada), optou por repetir o once que gañou no Sardinero ao Racing de Santander (0-1) o pasado domingo.