Publicador de contidos

Publicador de contidos

O detido polo crime do neno da Rioxa segue no calabozo da Garda Civil

O detido polo crime do neno da Rioxa segue no calabozo da Garda Civil

O domingo cúmprese o tempo máximo para pasar a disposición xudicial

O home estivo presente as catro horas que durou a reconstrución dos feitos na súa vivenda

 

G24.gal 30/10/2021 13:43

O detido polo crime do neno de Lardero, na Rioxa, fai o domingo 72 horas en dependencias da Garda Civil, o tempo máximo que pode estar alí. Os investigadores seguen adiante coas dilixencias para que quede o antes posible a disposición xudicial. 

O individuo estivo presente durante as catro horas que durou a reconstrución dos feitos na súa vivenda. Aquí o encontraron co pequeno de 9 anos, aínda vivo pero moi grave. Os sanitarios xa non o puideron reanimar.

Unha nena avisara pouco antes de que o levara enganado do parque onde estaban xogando.

O home, de 54 anos, pasou case a metade da vida en prisión, primeiro por unha agresión sexual e despois por violar e asasinar unha muller. En 2013 empezaron a darlle permisos. Saíu en 39 ocasións, sen constancia de incidencias, e desde hai ano e medio estaba en liberdade condicional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade