Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión sen fianza para catro mozos acusados dunha violación grupal en Mallorca

Prisión sen fianza para catro mozos acusados dunha violación grupal en Mallorca

O exame médico á vítima certificou lesións compatibles cunha agresión sexual

Traslado dos catro acusados ao centro penitenciario
G24.gal 09/04/2024 19:56 Última actualización 09/04/2024 20:10

Os catro mozos italianos acusados de violar unha moza brasileira na madrugada do domingo en Palma de Mallorca ingresaron en prisión sen fianza apenas 48 horas despois no centro penitenciario de Palma.

Un deles e a muller coñecéronse esa mesma noite nunha discoteca e decidiron rematar no apartamento que el compartía cos outros tres detidos.

A muller denunciou que tras manter relacións sexuais co primeiro, este non impediu que os compañeiros entrasen no cuarto e a forzasen.

Marchou do apartamento de mañanciña, pero levou un dos seus pasaportes, e con el denunciounos na Policía Nacional. O exame médico certificou lesións compatibles cunha agresión sexual.

A policía identificou os acusados e, ao comprobar que volvían a Italia ese mesmo domingo, aceleraron as xestións para detelos.

A cuarta parte das vítimas de agresións sexuais grupais en España son, coma neste caso, estranxeiras. A maior parte suceden tamén como aquí, en contextos lúdicos e de lecer, sobre todo, na fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade