Presentan en Burela un documental sobre a importancia da muller inmigrante
A comunidade de Cabo Verde representa o cinco por cento da poboación da localidade
Os primeiros traballadores empregáronse no mar, hai xa cincuenta anos
En Burela o doce por cento da poboación é estranxeira e a colonia caboverdiana é a máis numerosa. Xa van pola cuarta xeración. Primeiro viñeron os homes para traballar no mar.
O idioma foi unha barreira que houbo que superar.
A localidade é un exemplo de convivencia e integración entre persoas de distinta orixe. As seguintes xeracións xa se criaron e estableceron aquí, pero sen esquecer Cabo Verde.
Un documental que acaba de se presentar en Burela recolle os lazos que mantén a comunidade caboverdiana instalada na Mariña coa súa familia en África, un traballo que pon o foco na muller como piar da supervivencia e benestar.