Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupación en Viveiro catro anos despois da riada de Xunqueira

Preocupación en Viveiro catro anos despois da riada de Xunqueira

Os veciños denuncian o risco dunha nova enchente no barrio onde morrera unha muller

Demandan medidas urxentes das administracións para evitar unha nova traxedia

Félix Aragunde 25/11/2022 14:09

En novembro de 2018 morría en Viveiro unha muller de 83 anos como consecuencia do desbordamento do regato Fontecova. Catro anos despois, a abundancia de chuvias preocupa os veciños do mesmo barrio de Xunqueira, que temen que se produza unha nova riada.

Os residentes non só sinalan a falta de limpeza do regato como a orixe do problema, senón tamén as pontes caídas río arriba, onde se poden formar presas.

"Ampliar a canle, limpar e vixiar máis a corta de madeira de eucalipto, que é o que hai aí arriba. A folla do eucalipto é o que entupe e orixina isto. O outro día chegou a uns 20 centímetros da rúa que se inundou da outra vez", di Alfonso Otero Regal, secretario da asociación de veciños Valdeflores de Xunqueira.

Pola súa parte, dende o Concello de Viveiro afirman ter listo un proxecto de mellora para o regato Fontecova. Doutra banda, os veciños de Xunqueira reclaman tamén a rehabilitación das casas en ruínas, que corren o risco de derrubarse en calquera momento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade