Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ocupación ilegal nunha casa indiana de Narón causa preocupación e inseguridade

A ocupación ilegal nunha casa indiana de Narón causa preocupación e inseguridade

A policía non foi quen de entrar no inmoble porque tiñan a porta atrancada

G24.gal 15/01/2024 15:02

Fernando foi un dos veciños que alertou a policía ao ver saír fume da cheminea da casa indiana, da estrada de Castela. E houbo quen viu os ocupantes ilegais asomarse pola bufarda. "Dixemos aí xa hai xente. E chamamos a policía", conta Fernando, un veciño da zona.

Cando chegaron os axentes intentaron, sen éxito, acceder ao interior da mansión. "A policía non puido entrar porque os ocupas tiñan a porta atrancada".

Contan que non é a primeira vez que ocupan de xeito ilegal este ou outro inmoble da zona da parroquia naronesa da Xuvia. "Hai quince días xa entraron na do lado, pero de aí si lograron botalos".

Con esta situación, a intranquilidade, a preocupación e a inseguridade invadiron a veciñanza.

Malia que arestora hai un precinto policial na porta de entrada da casa, os veciños sospeitan que os ocupantes ilegais seguen dentro, polo que reclaman vixilancia na zona.

Por outra banda, a policía elaborou un informe que xa lle remitiu á inmobiliaria que arestora xestiona o inmoble para que tome as medidas que considere oportunas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade