Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupa a evolución en Vigo e Ourense e non se descartan novas medidas

Preocupa a evolución en Vigo e Ourense e non se descartan novas medidas

A Xunta activará novas restricións se a presión hospitaliaria continúa crecendo

O subcomité clínico analizará o impacto da ponte na incidencia

G24.gal 07/12/2021 13:08

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, adiantou este martes en Vigo que se a situación dos hospitais continúa empeorando por mor do incremento de ingresos por covid virán as restricións.

"Se a situación hospitalaria nos leva a ter que tomar algunha medida, haberá que tomala, por suposto", dixo Comesaña, quen manifestou que iso se saberá o venres, tras a reunión do subcomité.

Segundo o conselleiro, actualmente os datos "son razoables", aínda que preocupa a situación das áreas sanitarias de Vigo e Ourense, tanto polo numero de casos como pola ocupación hospitalaria.
En todo caso, segundo Comesaña, os datos da pandemia axústanse agora mesmo ás previsións de Sanidade, segundo o modelo preditivo que leva utilizando Sanidade desde o principio da pandemia.

"Pero hai un elemento que temos que ver como responde, que é a interacción derivada destas pontes", engadiu o conselleiro, quen explicou que eses modelos preditivos utilizáronse ata o de agora en contextos de restricións ou de vixencia de medidas, e non neste contexto de alta mobilidade nas pontes, o cal introduce unha variable descoñecida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos