Publicador de contidos

Publicador de contidos

Descoidos ou velocidade excesiva adoitan estar detrás dos accidentes de moto

Descoidos ou velocidade excesiva adoitan estar detrás dos accidentes de moto

Advirten da falta de destreza de moitas persoas que se apuntan á moda da moto sen apenas experiencia

G24.gal 14/07/2023 13:58

No verán aumenta o volume de motos nas estradas e tamén as cifras de accidentes destes vehículos. Nas últimas semanas producíronse varios con resultado de morte en Galicia.

O factor humano, como descoidos ou velocidade excesiva, adoita estar detrás dos sinistros. Pero desde os colectivos de motoristas apuntan outros elementos, como a desidia dos condutores coas motos, o mal estado da rede viaria ou non usaren a indumentaria axeitada coas debidas proteccións.

O verán é a época por excelencia para as motos en Galicia, polo clima. Aumenta o número e tamén as cifras de sinistros. O factor humano adoita estar detrás da maioría deles, como a velocidade excesiva ou descoidos.

Motociclistas con dilatada experiencia como Jesús Pereira ou Javier Fuji apuntan outros factores, como o mal estado das estradas.

Tamén advirten da falta de destreza de moitas persoas que se apuntan á moda da moto sen apenas experiencia.

Aos condutores pídenlles máis precaución e respecto polas motos. Aos que circulan en moto, prudencia e seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade