Publicador de contidos
Publicador de contidos

Plan de choque da DXT en Galicia: dúas motos camufladas, volta do Pegasus, chalecos e máis controis de alcoholemia

Plan de choque da DXT en Galicia: dúas motos camufladas, volta do Pegasus, chalecos e máis controis de alcoholemia

En Galicia rexistráronse 37 mortes en estradas entre xaneiro e abril, un 48 % máis que o ano anterior

O delegado do Goberno detallou que "as distraccións provocan un de cada catro sinistros mortais, por encima da velocidade inadecuada"

Colocan táboas con cravos en lugares onde estaciona o coche radar da Garda Civil

G24.gal 10/05/2024 12:28 Última actualización 10/05/2024 14:08

O número de falecidos en estradas de Galicia entre xaneiro e abril incrementou un 48 % con respecto a 2023. Anunciouno este venres o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, quen explicou que a Dirección Xeral de Tráfico inicia un plan de choque ante o aumento da sinistralidade no primeiro trimestre do ano.

En Galicia rexistráronse 37 mortes en estradas neste período, un 48 % máis que o ano anterior. Blanco apuntou, ademais, que un 40 % dos falecidos corresponde a "usuarios vulnerables", é dicir, peóns, ciclistas e motoristas. "É inaceptable", manifestou, á vez que alertou de que "as persoas prestan cada vez menos atención á condución".

O delegado do Goberno detallou que "as distraccións provocan un de cada catro sinistros mortais, por encima da velocidade inadecuada". Proba diso é que entre xaneiro e abril faleceron "12 persoas en colisións frontais, fronte ás cero do ano anterior". Ao detectar "unha relaxación das medidas de seguridade, como o cinto, o incremento da velocidade e o consumo de alcol", vai iniciar un plan de choque antes de verán.

Medidas do plan de choque

A primeira medida, avanzou Pedro Blanco, é a "cultura preventiva", polo que se farán charlas "en escolas" e "campañas de control en estradas". Esta fin de semana, en Galicia repartiranse chalecos a usuarios vulnerables.

O delegado tamén quixo poñer en foco sobre os motoristas e explicou que "os axentes de tráfico daranlles consellos e informacións sobre a súa situación de vulnerabilidade", ademais de que a Garda Civil "operará dúas motos camufladas con axentes de paisano".

A segunda medida é o "incremento de medidas de control", coa instalación de nove radares en Galicia e a reactivación do helicóptero de vixilancia Pegasus.

A terceira medida, Blanco avisou que se reforzarán os controis de alcoholemia xa que, denunciou, “cada vez máis, hai xente que bebe e, conscientemente, colle o coche”. Así, ata final de ano, superaranse os 22.500 controis en Galicia. Ademais, a Garda Civil poñerá en marcha un novo control dinámico, que escapa dos sistemas de aviso e alerta. Por último, melloraranse "as instalacións e equipamentos", entre os que se atopan os Sistemas Intelixentes de Transporte, que se van intensificar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade