PP e Vox aceleran as negociacións para formar gobernos autonómicos
Núñez Feijóo pediu a Vox que se aclarase
"O PP pode estar tranquilo. Queremos entrar nos gobernos", dixo a voceira de Vox no Congreso, Pepa Millán
Avanzan as negociacións entre o Partido Popular e Vox para pactar en Estremadura, Aragón e Castela e León. Os de Abascal xa din abertamente que queren entrar nos gobernos. Os populares meten présa para pechar os acordos o antes posible.
Núñez Feijóo pediu a Vox que se aclarase. E a resposta dos de Abascal chegou pouco despois: "O PP pode estar tranquilo. Queremos entrar nos gobernos", dixo a voceira de Vox no Congreso, Pepa Millán.
Núñez Feijóo metía presa e asegurou que os acordos deberian concretarse, preferiblemente, en abril. En Estremadura, aseguran os populares, a negociación está moi avanzada. En Aragón, Azcón xa lles propuxo un documento prográmatico aos de Abascal. E en Castela e León, Fernández Mañueco xa dixo que en breve falará con Vox. E deixou aberta a porta a un goberno de coalición.