Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pouco grelo pero de moi boa calidade

Pouco grelo pero de moi boa calidade

Febreiro é o mes do grelo por excelencia

G24.gal 30/01/2023 13:52

Pouco pero de moi boa calidade. Así resumen a campaña do grelo os produtores galegos. Unha verdura que está agora de temporada para acompañar o cocido ou só, e do que practicamente só desfrutamos no país porque pola súa delicadeza non aguanta viaxes e non vai para fóra de Galicia. Tamén din os produtores que cada vez son menos os que os cultivan e escasean moito.

As xeadas deste días favorecen a unha das verduras máis apreciadas das que se producen en Galicia: o grelo. Pero O frío chégalle un pouco tarde. Este inverno houbo máis chuvia e temperaturas máis altas do habitual que prexudicaron a produción. Así que en plena campaña de recollida, o produto non abonda, pero a calidade é excelente.

Se aos factores climatolóxicos lle sumamos a falta de remuda xeracional no campo, o grelo pode converterse nun futuro nun produto de luxo. É unha verdura delicada, tenra, que hai que saber recoller e tratar, como fai Loli cada mañá, e o traballo non resulta atractivo para as novas xeracións.

O grelo é un privilexio case exclusivo dos galegos porque pola súa delicadeza non pode comercializase fora de aquí.

O monllo cotizase estes días nas froiterías entre 2 euros e medio e 3. Seguro que arestora en máis dunha cociña recende a grelos, sós ou acompañando un bo cocido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar