Publicador de contidos

Publicador de contidos

Portugal retomará o estado de calamidade e volverán as restricións

Portugal retomará o estado de calamidade e volverán as restricións

A partir do 1 de decembro o país luso aplicará restricións xa coñecidas por todos

Os viaxeiros que aterren en Portugal necesitarán un test negativo

António Costa, primeiro ministro portugués
Alberto Mancebo 25/11/2021 18:55

Portugal activará o estado de calamidade o vindeiro día 1 de decembro. Este non é un estado de excepción como o estado de alarma español senón un nivel de protección civil. O Goberno luso aplicará con el restricións que xa foran utilizadas durante a pandemia. 

A máscara volverá ser obrigatoria en interiores, polo de agora non se esixe na rúa aínda que haxa aglomeracións. Por outro lado, pasa a demandarse probas negativas para visitar residencias da terceira idade, hospitais, grandes eventos e tamén bares e discotecas. 

Outra das medidas con que máis sorprendeu hoxe António Costa é a esixencia dun test negativo a todos os pasaxeiros que aterren en solo portugués desde o 1 de decembro. Haberá cuantiosas sancións económicas para as aeroliñas que non esixan a proba ao pasaxeiro no momento do embarque.

O Goberno luso ademais ten un plan especial deseñado para despois do Nadal para minimizar os riscos: do 2 ao 9 de xaneiro o teletraballo será obrigatorio, os alumnos aínda non volverán ás aulas e as discotecas e bares permanecerán pechados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade