Publicador de contidos

Publicador de contidos

Portugal loita contra 14 incendios activos e 25 en fase de extinción

Portugal loita contra 14 incendios activos e 25 en fase de extinción

O lume arrasou máis de 38.000 hectáreas, 25.000 na última semana

Esta vaga de incendios deixa unha vítima mortal, 135 feridos e 70 casas danadas

G24.gal 15/07/2022 20:20 Última actualización 15/07/2022 20:29

En Portugal seguen tamén loitando contra o lume. Máis de tres mil efectivos combaten este venres 39 incendios en todo o país, catorce deles aínda están activos e virulentos. Os localizados preto da nosa fronteira xa están controlados.

Os incendios forestais arrasaron en Portugal máis de 38.000 hectáreas, preto de 25.000 nesta última semana. Trátase da maior área calcinada desde 2017, segundo os datos provisionais do Instituto da Conservación da Natureza.

Portugal continúa este venres con 14 incendios activos e outros 25 en fase de extinción. Segue preocupando o incendio do distrito do Porto e Leiría, e tamén na veciña Viana de Castelo. 

Noutras localidades próximas á fronteira con Galicia vai mellorando a súa situación. Os efectivos dan por extinguido o incendio de Camiña, un dos máis virulentos da raia que se propagou por distintas localidades, aínda que manteñen a vixilancia en toda a zona.

No norte de Portugal seguen cinco distritos en alerta vermella: Guarda, Vila Real, Castelo Branco, Portoalegre e Bragança, onde tiveron que desaloxar máis dunha ducia de persoas na aldea de Petisqueira.

A situación repítese en case todo o país desde que comezou esta vaga de incendios que xa deixa unha vítima mortal, 135 feridos e más de 800 incendios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade