Publicador de contidos

Publicador de contidos

Portugal aprema o Goberno a que concrete o proxecto do AVE entre Vigo e a fronteira

Portugal aprema o Goberno a que concrete o proxecto do AVE entre Vigo e a fronteira

O empresariado galego tamén insta o Executivo a que priorice o traxecto

G24.gal 29/09/2022 19:53 Última actualización 29/09/2022 20:53

O Goberno portugués comprométese a ter operativo o AVE entre Lisboa e a fronteira con Galicia en oito anos, pero evita concretar prazos para a parte española, a que permitirá que a alta velocidade chegue ata Vigo.

A intención é que estea lista tamén en 2030, polo que insta o Goberno español a que defina o proxecto da saída sur e o poña en marcha canto antes. Unha demanda que fai tamén o sector empresarial.

 "Non podemos esperar máis. Hai unha aposta clara, un compromiso do Goberno portugués, e o Goberno español ten que estar á altura", di Jorge Cebreiros, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra.

Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, asegura: "Estamos falando dunha proposta que os portugueses xa teñen planificada e aprobada. Son 400 quilómetros. E España, que ten que facer 40 quilómetros aínda non ten nada", asegura Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico.

Mellorar as comunicacións ferroviarias entre Galicia e Portugal é unha vella demanda a ambos lados da fronteira. A alta velocidade abre a porta a unha conexión de toda a península que os pasaxeiros valoran.

"Xa se trata dunha conexión internacional e é moi interesante", "levamos esperando por iso 30 anos", din.

O obxectivo final é poder viaxar de Lisboa á Coruña en AVE en pouco máis de tres horas e media, ou do Porto a Vigo en 48 minutos.

O presidente da Xunta pídelle ao Goberno central que asuma compromisos co AVE a Vigo

O presidente da Xunta cre que esta conexión debería ser un dos temas centrais dos que se fale no cumio entre España e Portugal, que se vai celebrar a mediados de outubro en Viana do Castelo. Rueda pídelle ao Goberno central que asuma compromisos con esta obra, como está facendo o Goberno portugués.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos