Publicador de contidos

Publicador de contidos

Portugal aprema a España para que acelere o AVE atlántico

Portugal aprema a España para que acelere o AVE atlántico

O Goberno portugués teme que España non cumpra cos prazos a tempo

Dos 5.400 millóns que custa o proxecto, 500 corresponderíanlle a España

Alberto Mancebo 25/04/2022 14:21

Portugal dálle un toque de atención ao Goberno español para que cumpra en tempo os compromisos coa alta velocidade atlántica. Os nosos veciños temen rematar a liña e que a parte galega non estea finalizada. 

Literalmente, o ministro de Infraestruturas de Portugal, Pedro Nuno Costas, dixo que queren que España acelere o seu compromiso para evitar o risco de que os nosos veciños cheguen cunha liña de alta velocidade á fronteira e ao outro lado non haxa nada.

A vontade do Goberno portugués para ter o AVE atlántico finalizado antes do 2030 viuse afianzada nos últimos meses non só con declaracións de diferentes voces do executivo, senón tamén con partidas orzamentarias.

O último que sabemos do lado español é que aínda está en redacción o plan da saída sur do tren en Vigo e desde Portugal recordan que dos 5.400 millóns que require este proxecto, 500 correrían a cargo de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade