Publicador de contidos

Publicador de contidos

Portugal anuncia que retirará a máscara en interiores

Portugal anuncia que retirará a máscara en interiores

O presidente da República xa asinou a norma

Agárdase que mañá xa non sexa necesario levar a máscara en interiores

Alberto Mancebo 21/04/2022 20:22

En breve a máscara en Portugal tampouco será obrigatoria en interiores. O Goberno luso toma esta decisión despois de varios intentos. De feito, os nosos veciños sempre se adiantaron a España para relaxar as medidas covid, pero desta volta non puido ser porque os datos de falecidos non eran favorables.

O Consello de Ministros xa deu luz verde e o Presidente da República deu o seu visto e prace esta na tarde deste xoves. En canto se publique no Boletín Oficial da República farase efectivo.

O número de falecidos por covid non é o que o Goberno desexaría, pero din que están estables. Tamén se pode facer a lectura de que ao ver que España o facía os nosos veciños víronse tamén animados para tomar a decisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade