Publicador de contidos

Publicador de contidos

Teléfono de emerxencias 112: sempre con cobertura e sempre para atender

Teléfono de emerxencias 112: sempre con cobertura e sempre para atender

O 112 Galicia abre as súas portas para amosar o seu traballo con motivo do Día Europeo deste número salvador

G24.gal 10/02/2023 15:05

O 112 é número de emerxencias común que marcan en toda a UE. Este sábado está de aniversario e para celebrar a data, este venres e mañá celebran xornadas de portas abertas que permiten coñecer de preto como traballan neste servizo, vital en moitos casos.

Pode soar as 24 horas do día, en calquera punto da Unión Europea. En Galicia soa no centro operativo da Estrada. Alí avalíase o máis rápido posible a incidencia, para que, en cuestións de segundos, se poña en marcha o operativo preciso para xestionala.

Melisa Gonzálezoperadora e xestora no 112 Galicia explica que "sempre pides un teléfono, a localización o máis exacta posible e logo fas certas preguntas de protocolo adecuándose ao que eles contan e mobilízanse os medios en función do que requira cada emerxencia".

Servizos médicos ou policiais, Protección Civil, bombeiros e mesmo drons. Unha resposta adecuada que ten nesta sala o momento vital. Porque falamos de alguén que chama por unha emerxencia.

"Unha persoa que estea moi nerviosa, moi alterada..., pois o primeiro que fas é intentar calmalo. E que as preguntas sexan curtas e concisas. E así poder sacar todos os datos que necesitas nunha maior brevidade posible", engade Melisa.

Tres díxitos cada vez máis valorados, como demostran as preto de novecentas mil chamadas do ano pasado. 

Santiago Villanueva, director xeral de Emerxencias compara "o número de chamadas e incidencias xeradas. Cada vez se van achegando máis estas cifras. Quere dicir que o que chama é o que necesita de verdade este recurso e hai un uso correcto deste número o 112". Sempre ten cobertura e sempre está para atender.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade