Porriño e Guardés aseguran xogar a fase polo título
O Porriño xogará na última xornada co Elxe a vantaxe de campo nos cuartos de final
Os resultados favoreceron un Guardés que se asegura a presenza nas eliminatorias cunha xornada de marxe
O Porriño xogará na última xornada a vantaxe de campo nos cuartos de final das eliminatorias polo título. O triunfo na pista de A Rioxa (17-22) permítelle depender de si mesmo, aínda que terán que gañarlle ao poderoso Rocasa Gran Canaria no último partido.
As dúbidas do Guardés quedaron totalmente disipadas antes da última xornada. Cumpriu co seu cometido, que era gañarlle ao Zuazo (28-21). Os outros dous equipos implicados na pelexa por evitar o noveno posto perderon (Granollers e Xixón) e os apertos clasificatorios xa quedaron atrás. Agora tentarán conseguir o mellor resultado posible diante do Málaga mirando para o cruzamento dos cuartos.