Publicador de contidos

Publicador de contidos

Por primeira vez, unha vacina contra o virus sincitial consegue resultados prometedores

Por primeira vez, unha vacina contra o virus sincitial consegue resultados prometedores

Un ensaio internacional demostra que unha soa dose da vacina desenvolvida por GSK consegue unha alta eficacia en humanos

G24.gal 16/02/2023 16:04

Unha vacina experimental contra o virus respiratorio sincitial consegue una alta eficacia na última fase de probas en humanos por primeira vez.

O estudo está publicado na Revista de medicina de Nova Inglaterra cunha eficacia de máis do 80 por cento en pacientes de máis de 60 anos.

No traballo participou o equipo multidisciplinar do Hospital Clínico Universitario de Santiago, que foi vital tamén para desenvolver as vacinas que frearon a expansión da covid.

O virus sincitial mata cada ano 100.000 bebés e ducias de milleiros de adultos en todo o mundo. Este inverno colapsou as UCI pediátricas en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade