Publicador de contidos

Publicador de contidos

O festival de cinema de Ourense estrea unha sinfonía que será a súa banda sonora

O festival de cinema de Ourense estrea unha sinfonía que será a súa banda sonora

O tema propio do OUFF é unha canción composta polo músico galego José Manuel Cancela, gañador de cinco premios Emmy

Foi interpretada pola Xove Orquestra Ourensanía, conducida polo seu autor, no Auditorio Municipal de Ourense

G24.gal 28/09/2025 17:34

O OUFF, o Ourense Film Festival, acolleu este domingo un concerto tributo ao compositor Hans Zimmer a cargo da Xove Orquestra Ourensanía, no que o público puido gozar en directo dalgunhas das bandas sonoras máis icónicas das últimas décadas.

Ademais, por primeira vez o festival de cinema de Ourense conta cunha banda sonora propia. Un tema composto por José Manuel Cancela, o compositor galego gañador de cinco premios Emmy e do premio Chano Piñeiro do OUFF deste ano.

Unha sinfonía de estrea que foi interpretada tamén pola Xove Orquestra Ourensanía, conducida polo seu autor, no Auditorio de Ourense. E outra curiosidade, John Axiom creou unha versión remix deste tema que se fixo en exclusiva para o festival.

A música está a ser un elemento importante da 30.ª edición do OUFF, que se celebrará ata o 5 de outubro, coorganizado pola Deputación de Ourense e a Asociación Luarada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos