Publicador de contidos

Publicador de contidos

Por primeira vez desde o Nadal, menos de 10.000 hospitalizados por covid en España

Por primeira vez desde o Nadal, menos de 10.000 hospitalizados por covid en España

A incidencia en España descendeu 325 puntos desde o luns, ata os 919 casos

Esta semana a pandemia suma 136.316 novos contaxios e 1.402 mortes

G24.gal 18/02/2022 18:22

A incidencia do coronavirus en España descendeu 325 puntos desde o luns, ata os 919 casos, nunha semana en que a pandemia suma 136.316 novos contaxios e 1.402 mortes.

Por primeira vez desde as festas de Noiteboa e Nadal, baixa de 10.000 o número de enfermos de covid hospitalizados (9.742), o que supón unha ocupación do 7,8 %, dous puntos menos que o pasado luns.

Os ingresos nas ucis tamén reducen a súa ocupación ao 13,7 %, 2,6 puntos menos que hai cinco días, quedando con 1.248 pacientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade