Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontón pide un plan de igualdade que fomente o emprendemento das mulleres

Pontón pide un plan de igualdade que fomente o emprendemento das mulleres

O BNG acusa a Xunta de non apoiar os autónomos, que descenderon en 2.600 persoas no último ano

A voceira nacional reúnese con mulleres emprendedoras e autónomas de Santiago

Pontón defendeu o comercio local como xerador de emprego de calidade
G24.gal 03/03/2023 13:05

O BNG escenificou este venres o seu apoio ao comercio local como creador de emprego de calidade. A voceira nacional da formación, Ana Pontón, reuniuse con mulleres emprendedoras e autónomas de Santiago, a quen lles trasladou as súas propostas para mellorar as súas condicións.

Pontón acusou á Xunta de non apoiar aos autónomos nas dificultades que teñen por mor da crise e alertou da caída de 2.600 persoas autónomas nas afiliacións á Seguridade Social no último ano.  

Os nacionalistas reclaman un plan de igualdade para que as mulleres poidan emprender e se revertan as fendas salariais e de xénero. Tamén unha liña de apoio ao alugueiro de locais e medidas de conciliación

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade