Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontón fai unha "excelente valoración" dos gobernos municipais en que participa o BNG

Pontón fai unha "excelente valoración" dos gobernos municipais en que participa o BNG

"Os gobernos do BNG son sinónimos de calidade e de transformación", asegurou

Ana Pontón, este sábado en Catoira
G24.gal 31/05/2025 17:02

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, fixo unha "excelente valoración" da política municipal da formación nacionalista nos gobernos nos que ten responsabilidades. "Os gobernos do BNG son sinónimos de calidade e de transformación", asegurou.

Así o sinalou este sábado no municipio pontevedrés de Catoira nun acto para celebrar os dous anos da chegada o BNG á alcaldía deste Concello, que supuxo "un cambio transformador".

"Significou que en Catoira pasamos de ter unha dinámica na que nada se movía a ter un goberno que está a impulsar un cambio, que pon un centro ás persoas, que está a xerar dinamismo económico, cultural e que é un exemplo de bo facer dos gobernos municipais", remarcou.

Desta forma, Pontón asegurou que o BNG demostra que é "un proxecto transformador", que "pon no centro" da súa política as necesidades das persoas, que "aposta por políticas valentes" no ámbito da vivenda, do deseño urbano e da dinamización económica.

"Os gobernos do BNG son sinónimos de calidade e de transformación", asegurou, á vez que os erixiu como o "mellor exemplo" das políticas innovadoras e das que buscan demostrar que en Galicia "hai outra forma de facer política" e que hai outra Galicia "posible".

Fronte a iso, continuou Pontón, atópase un PPdeG que "deseña políticas" para os "grandes lobbies económicos" e "en contra dos intereses" de Galicia. Neste sentido, fixo referencia ao proxecto que a multinacional lusa Altri quere instalar en Palas de Rei (Lugo).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade