Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontevedra recorre ao Constitucional a continuidade de Ence

Pontevedra recorre ao Constitucional a continuidade de Ence

O Concello presenta un recurso de amparo ao Constitucional contra a sentenza do Supremo que avala que a fábrica siga na ría ata 2073

G24.gal 15/09/2023 16:32

O Concello de Pontevedra presentou un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional para revogar a sentenza do Tribunal Supremo que avala a continuidade de fabrícaa de Ence na ría de Pontevedra ata o ano 2073.

Así o anunciou este venres o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que detallou que o recurso apela a que se vulnerou o principio de tutela xudicial efectiva do Concello durante todo o proceso xudicial seguido no Supremo.

Os servizos xurídicos municipais, en colaboración co equipo legal contratado polo municipio, presentaron meses atrás un incidente de nulidade ante o Alto Tribunal, que foi desestimado. O recurso de amparo presentado agora ante o Constitucional basea a súa argumentación en que, no seu día, a Audiencia Nacional recibiu ata seis motivos distintos para anular a prórroga concedida a Ence polo Goberno en funcións de Mariano Rajoy.

O tribunal só analizou o primeiro dos argumentos, referido ao artigo 32 da Lei de Costas, resolvendo e indicando que, efectivamente, a factoría de Ence podía estar situada noutro espazo, anulando así a prórroga que lle permitía ocupar terreos de dominio marítimo terrestre. Quedaron outros cinco motivos sen analizar, entre eles a vulneración da lexislación ambiental autonómica no referido ao Plan de Ordenación do Litoral e as Directrices de Ordenación do Territorio; ou que a propia prórroga fose concedida por un goberno en funcións.

Por iso é polo que o Concello sostén que, se o Supremo non validou o primeiro dos seus argumentos, o caso debe regresar á Audiencia Nacional para que sexa esta a que estude o resto dos motivos esgrimidos no seu defensa, xa que de non ser así se produciría indefensión.

Ademais, o novo recurso de amparo incide en que, segundo o seu criterio, a sentenza do Supremo vai en contra das resolucións ditadas polo propio Tribunal Constitucional con respecto á Lei de Costas, porque Ence segue sen xustificar que só pode estar na localización actual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade