Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polo menos cinco mortos e 18 feridos nun tiroteo nun club LGTBQ de Colorado

Polo menos cinco mortos e 18 feridos nun tiroteo nun club LGTBQ de Colorado

A policía acordoou a zona onde despregou un operativo especial

Operativo policial tras o tiroteo nun club LGTBQ de Colorado(EUA) /TWITTER @TREYRUFFY Operativo policial tras o tiroteo nun club LGTBQ de Colorado(EUA) /TWITTER @TREYRUFFY
G24.gal 20/11/2022 11:55

Polo menos cinco persoas morreron e 18 resultaron feridas este domingo por un tiroteo ocorrido nun club LGBTQ na cidade de Colorado Springs, no estado norteamericano de Colorado, segundo confirmou o Departamento de Policía.

O incidente, aínda baixo investigación, ocorreu ao redor das 01:03 da mañá, hora local (as 09:03 en Galicia), no club Q, segundo a declaración policial recollida pola canle local KRDO.

Hai un sospeitoso ferido que está a recibir tratamento médico nun hospital local baixo custodia.  As forzas de seguridade acordoaron a zona e pedíronlles precaución aos que estaban polo lugar.

Agárdase que a Policía poida ofrecer datos sobre o suceso nunha comparecencia prevista paras as 16:00 horas en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade