Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polo menos 8 mortos e 15 feridos nunha explosión no centro de Nova Deli

Polo menos 8 mortos e 15 feridos nunha explosión no centro de Nova Deli

A Policía india di que a explosión letal ocorreu dentro dun vehículo
 

Lugar do suceso (REUTERS/Adnan Abidi) Lugar do suceso (REUTERS/Adnan Abidi)
G24.gal 10/11/2025 18:44

A explosión que este luns causou polo menos oito falecidos e quince feridos no centro de Nova Deli orixinouse dentro dun coche, informou a policía india, que confirmou a despregadura na zona de diversos equipos, entre eles da Axencia Nacional de Investigación (NIA), encargada das pescudas antiterroristas na India.

"Ao redor das 18:52 horas, un vehículo que circulaba lentamente detívose ante un semáforo en vermello. Produciuse unha explosión no interior do vehículo, e a explosión causou danos aos vehículos próximos. Todas as axencias, o Laboratorio Forense e a NIA atópanse no lugar", dixo aos medios o comisario de policía, Satish Golcha.

Golcha confirmou que se rexistraron falecementos e feridos e dixo que o ministro do Interior indio, Amit Shah, contactou coa policía da capital, que informa periodicamente o Goberno.

"Ordenouse revisar todas as cámaras de seguridade próximas (...) Estamos a explorar todas as posibilidades e levaremos a cabo unha investigación exhaustiva, considerando todas as hipóteses. Todas as opcións serán investigadas de inmediato e presentaremos os resultados ao público", dixo pola súa banda o ministro do Interior á axencia ANI.

O ministro dirixiuse ao lugar da explosión e despois ao hospital onde se atopan a maioría dos feridos.

No estado de Uttar Pradesh, veciño a Nova Deli, a Dirección Xeral de Orde Pública reforzou a seguridade nas zonas máis sensibles.

A cidade de Nova Deli recibe periodicamente falsas ameazas de bomba contra colexios, avións, hospitais ou outras infraestruturas e institucións que provocan o caos e alteran o funcionamento dos servizos na capital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade