Polo menos 51 persoas falecen nun naufraxio ocorrido na ruta canaria
Entre as vítimas hai once mulleres e tres menores
As catro persoas que sobreviviron están hospitalizadas

A fundadora de Camiñando Fronteiras e activista polos dereitos humanos Helena Maleno denunciou este sábado a morte de polo menos 51 persoas nun naufraxio ocorrido na ruta canaria tras pasaren oito días á valga.
Segundo explicou Maleno, a través da súa conta de Twitter, entre as vítimas mortais hai once mulleres e tres menores de idade. Ademais, hai catro sobreviventes que se atopan hospitalizados.
Maleno precisou que a embarcación pneumática na que ían os migrantes a bordo saíu da cidade marroquí de Tan Tan, no sur do país.
"A morte na fronteira instálase por falta de medios de rescate e a escasa colaboración entre os países para defender o dereito á vida", denunciou a activista en Twitter.