Polo menos 29 mortos no incendio dun edificio en obras en Istambul
Algúns dos falecidos son obreiros que traballaban no lugar

Polo menos 29 persoas morreron este martes e outras tres quedaron feridas de gravidade nun incendio que se declarou no soto dun edificio de dezaseis pisos en Istambul, informan as autoridades turcas.
O incendio declarouse sobre a 13:00 horas no centro da cidade. Orixinouse no soto dun edificio de 16 plantas, nun local que servía de discoteca e que se atopaba actualmente en obras.
O alcalde de Istambul, Ekrem Imamoglu, informou desde o lugar do sinistro de que todos os falecidos foron atopados no soto onde se declarou o incendio, e dáse por feito que as vítimas traballaban na obra, aínda que este extremo aínda non está confirmado.
Segundo o gobernador de Istambul, algúns dos falecidos son obreiros que traballaban nesas obras. Por agora descoñécense as causas do incendio.