Pol García: "Teño espírito de loita, de traballo. Veño demostrar as miñas capacidades"
O defensa catalán asinou un contrato ata final de temporada
Quenda para a presentación de Pol García como novo xogador do Lugo. O defensa catalán mostrouse moi feliz coa súa incorporación ao equipo, poñéndose a disposición do corpo técnico para os partidos que restan de tempada. Acompañado na comparecencia por Mauro Pérez, expresou a súa satisfacción por esta nova etapa que comeza:
"Adapteime ao que me pediron sempre. Creo que desenvolvín diferentes posicións, póñome ao dispor do adestrador. Intento adaptarme, poño empeño, e creo que sumo en varios postos. As miñas características son claras".
"Teño espírito de loita, de traballo. Veño demostrar as miñas capacidades. Agradezo ao club o seu interese, renunciei a cousas para vir aquí, apostei moito por vir, polo atractivo desta situación e deste equipo".
|SP| 🎥
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) March 24, 2022
👉 Lembra as palabras de @PGarcia4 na súa primeira comparecencia de prensa como novo xogador albivermello 🗣️
▶️ Preme no vídeo para escoitar as declaracións completas 🎦#BenvidoPol#ForzaLugo