Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pol Bueso: "Sen unha ambulancia, un partido non pode comezar"

Pol Bueso: "Sen unha ambulancia, un partido non pode comezar"

Bueso sufriu unha escordadura cervical e non era capaz de mover os brazos e as pernas

G24.gal 09/01/2023 20:20

Pasaron 24 horas desde o susto que lle puido custar moi caro ao xogador do Arenteiro Pol Bueso. O central alacantino relatou que estivera consciente en todo momento pero non era capaz de mover os brazos nin as pernas. 

Bueso quixo agradecer o trato que tiveran os sanitarios e o Guijuelo, pero mandou unha mensaxe contundente: "Agardo que as autoridades tomen medidas; sen unha ambulancia, un partido non pode comezar".

O xogador estivo tirado no campo durante vinte minutos baixo a chuvia: "Son momentos de moito apuro, estiven ben atendido en todo momento pero imaxina que chego a necesitar un traslado urxente. Igual non estabamos falando".

Bueso sufriu unha escordadura cervical: "Foi un lategazo, o corpo protéxese e desconéctanse as extremidades. É como o KO do boxeador". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade