Pódese conducir con chanquetas ou sen camiseta?
A norma non o prohibe expresamente, pero non é recomendable
As chanclas poden provocar unha condución perigosa por dificultar a liberdade de movementos
Ir sen camiseta pode causar queimaduras do cinto se hai un accidente
As dúbidas repítense cada verán ao saír da praia: podo conducir descalzo, con chanquetas ou en traxe de baño?
"Non está expresamente prohibido, pero non é recomendable porque pode provocar un accidente por non manter a liberdade de movementos cos pés", explica Héctor Teixeira, desde a Garda Civil.
Non están prohibidas as chanquetas, pero o seu uso pode derivar en multa se os axentes observan que o calzado está a provocar unha condución perigosa.
"Os calzados abertos poden provocar que non fagamos coa mesma intensidade unha freada de emerxencia", explica Fernando Alonso, profesor de autoescola.
"Se o calzado dificulta e condución e provoca situacións de risco, entón evidentemente sería sancionable", engade Héctor Teixeira.
Os expertos din que se trata dunha cuestión de sentido común e aconsellan que levemos sempre roupa cómoda e segura, por moita calor que vaia.
"Se hai un accidente e non levamos camiseta, os mecanismos lesionares son diferentes, pode haber queimaduras na pel", di Alonso.
Un último consello no aparcadoiro da praia, beban a auga ou rematen o xeado antes de coller o coche. Esas accións si están prohibidas expresamente porque as dúas mans teñen que ir no volante e a atención plena na condución.