Publicador de contidos

Publicador de contidos

Podemos volve proporlle ao PSOE un tope para hipotecas variables de ata 300.000 euros

Podemos volve proporlle ao PSOE un tope para hipotecas variables de ata 300.000 euros

Propoñen conxelar o diferencial que se lle suma ao euribor no 0,1 por cento

Ione Belarra tacha de "cobizosos" e "avarentos" a presidenta do Santander e o máximo directivo do BBVA

Ione Belarra intensifica os seus ataques aos grandes bancos
G24.gal 06/02/2023 14:26

Nin un paso atrás. Podemos non frea as súas críticas aos grandes empresarios do país. Primeiro foi Mercadona e agora os banqueiros. Ione Belarra arremete contra eles por non accederen a conxelar as hipotecas. Tacha de "cobizosos" e "avarentos" a presidenta do Santander, Ana Patricia Botín, e o máximo directivo do BBVA, Carlos Torres, por non acceder a conxelar as hipotecas mentres "nadan en billetes de 500 euros". Pero banca e empresarios deféndense e pechan filas.

O presidente de Caixabank, José Ignacio Goirigolzarri, quixo “fixar” a súa posición e defendeu a figura do empresario.  Di que cree profundamente na economía de mercado que ten a súa base na iniciativa privada e afirmou que "non hai ningún outro sistema que creara tanta riqueza e tanto benestar para os cidadáns.

Esta mañá, os morados concretaron a súa proposta para frear a suba do recibo dos préstamos. Propoñen limitar o diferencial que se lle suma ao euribor ao 0,1 por cento para hipotecas variables de menos de 300.000 euros e durante un mínimo dun ano. Din que os incrementos nas cotas poderían reducirse nunha cuarta parte e que é perfectamente asumible para a banca que "seguirían tendo beneficios pero reduciríanse ao mínimo".

Podemos envioulle este domingo a proposta aos socialistas e agardan resposta. Pero polo momento, estes non recollen o guante. Confían no Código de Boas Prácticas, unha ferramenta insuficiente para Comisións Obreiras, que tamén pide medidas máis contundentes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade