Podemos Galicia suma á súa candidatura o apoio de Recortes Cero para as eleccións galegas
Isabel Faraldo explicou que ambos os partidos traballan para construír unha alternativa forte e progresista para o país
Podemos Galicia e Recortes Cero concorrerán xuntos ás eleccións autonómicas. Anunciouno a súa candidata á presidencia da Xunta, Isabel Faraldo, que explicou que traballan para construír unha alternativa forte e progresista para o país.
Faraldo asegura que Podemos Galicia quere ser "unha alternativa forte, progresista para reverter a sitiuación actual" da comunidade. O representante de Recortes Cero, Xosé Carlos Vázquez, quixo destacar que o Parlamento galego "precisa unha alternativa como Podemos Galicia".
Con este obxectivo, nas vindeiras eleccións do 18 de febreiro, as dúas formacións irán "man a man na campaña". A candidata á Xunta, Isabel Faraldo, quixo destacar "o orgullo" que supón para Podemos Galicia "seguir medrando e enriquecéndose con outro partido do país como é Recortes Cero".