Publicador de contidos
Publicador de contidos

Isabel Faraldo optará a liderar Podemos Galicia nas primarias que comezan o luns

Isabel Faraldo optará a liderar Podemos Galicia nas primarias que comezan o luns

As candidaturas presentaranse formalmente o 18 de novembro, día en que tamén se dará a coñecer o calendario do proceso

Isabel Faraldo, xunto a exministra Irene Montero. Europa Press-Arquivo Isabel Faraldo, xunto a exministra Irene Montero. Europa Press-Arquivo
G24.gal 15/11/2024 19:20

A exconcelleira na Coruña Isabel Faraldo, que foi candidata de Podemos nas eleccións galegas de febreiro deste ano, optará a liderar a formación violeta no proceso de primarias cuxo calendario se coñecerá este luns.

Así o ratifican fontes da formación, que indican que Faraldo ten intención de conformar unha candidatura que reúna a militantes novos e veteranos para suceder a Borja San Ramón, que en marzo anunciou a súa dimisión tralos malos resultados nos comicios autonómicos.

O calendario das primarias en Podemos Galicia, que incluirá o inicio da presentación de candidaturas, presentarase este luns en coordinación co doutras autonomías despois de ser aprazado pola DINA que azoutou o Levante o pasado 29 de outubro. Inicialmente, ían ser o 1 de novembro. Neste proceso tamén se renovarán os órganos internos como o Consello Cidadán Autonómico.

Isabel Faraldo concorreu ás eleccións galegas do 18 de febreiro como cabeza de lista de Podemos Galicia, nunha candidatura separada da de Sumar. Obtivo o 0,25 % do apoio, con 3.469 papeletas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade