Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podemos descarta unha reunificación con Sumar tras a renuncia de Yolanda Díaz

Podemos descarta unha reunificación con Sumar tras a renuncia de Yolanda Díaz

O voceiro da formación morada insiste en que en decembro abandonaron a coalición para poder facer política, "e hoxe non vai ser distinto"

Podemos cre que Sumar non pode ter futuro sen Yolanda Díaz, que renunciou á dirección desta formación tras os resultados das eleccións europeas

G24.gal 11/06/2024 11:59

Podemos descarta volver integrarse en Sumar tras a renuncia de Yolanda Díaz a seguir liderando a formación logo do revés sufrido pola formación nas eleccións europeas. Deixouno claro o portavoz de Podemos, Javier Sánchez Serna, nunha conferencia de prensa no Congreso.

O voceiro da formación morada insiste en que en decembro abandonaron a coalición para poder facer política, "e hoxe non vai ser distinto".

Javier Sánchez Serna Sacou peito dos resultados obtidos nas eleccións do domingo, nas que obtiveron dous escanos. "O domingo volvemos poñer en pé unha esquerda transformadora"; unha esquerda "que se atreve a chamar xenocidio o que é xenocidio e que non avala os recortes". Afirma que saen do 9X "con máis ganas de construír este proxecto político".

Fontes de Podemos fixeron fincapé en que a esta formación a daban por morta pero está lonxe de que iso suceda. Esas mesmas fontes cuestionaron tamén que Sumar poida ter futuro sen Yolanda Díaz. Onte o ex vicepresidente e cofundador de Podemos, Pablo Iglesias, prognosticou que a dimisión de Díaz "é o fin de Sumar" porque Sumar "só tiña sentido baixo o liderado de Díaz”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade