Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta crítica o "caos e a improvisación" da nova lei educativa LOMLOE

A Xunta crítica o "caos e a improvisación" da nova lei educativa LOMLOE

Román Rodríguez avanza que o obxectivo do modelo educativo de Galicia é dar un novo pulo á innovación no ensino

O conselleiro tamén criticou a implementación da LOMLOE e di que vai carrexar problemas de igualdade, equidade e calidade no sistema educativo

G24.gal 08/03/2022 07:54

O Día da Muller, que se conmemora este martes 8 de marzo, centrará boa parte do pleno que se celebra no Parlamento de Galicia.

A sesión, cuxa orde do día fixaron a pasada semana os grupos parlamentarios, inclúe a comparecencia, a petición propia, do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, quen abordará o modelo educativo de Galicia.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade avanzou no Parlamento as liñas do modelo educativo de Galicia.

Román Rodríguez avanzou que o obxectivo é dar un novo pulo á innovación no ensino e anunciou a creación de 200 polos de creación nos centros educativos e dun centro específico para impulsar o ensino dixital.

Román Rodríguez tamén avanzou que se seguirá apostando pola formación profesional coa creación de preto de 1.100 novas prazas para o vindeiro curso.

O conselleiro tamén criticou a implementación da LOMLOE, que, segundo dixo, vai carrexar problemas de igualdade, equidade e calidade no sistema educativo. Román Rodríguez foi especialmente crítico co decreto do 'aprobado xeral' e co atraso na aprobación dos novos currículos académicos.

Os grupos da oposición lembráronlle que nunca unha lei educativa foi aprobada con tanto consenso e que os problemas máis urxentes en materia educativa son as elevadas ratios de alumno por aula e a redución do profesorado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade